jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Andaina saudable pola Ruta do Tambre grazas ao programa SaudeAndo

Andaina saudable pola Ruta do Tambre grazas ao programa SaudeAndo
Andaina saudable pola Ruta do Tambre grazas ao programa SaudeAndo

O obxectivo desta iniciativa é ofrecer unha alternativa extraordinaria á trintena de andainas xa programadas ao amparo do programa SaúdeAndo ademais de animar aos amesás a practicar actividade física 

As Concellerías de Benestar Social e Transición Ecolóxica de Ames organizan para o vindeiro sábado 9 de novembro, unha andaina saudable pola Ruta do Tambre que culminará cun almorzo grupal. O obxectivo desta iniciativa é ofrecer unha alternativa extraordinaria á trintena de andainas xa programadas ao amparo do programa SaudeAndo, ao tempo que busca animar ás e aos amesás a practicar actividade física de forma amena e divertida.

A Concellaría de Benestar Social únese coa Concellaría de Transición Ecolóxica co obxectivo de animar á veciñanza amesá a practicar actividade física mentres coñece o itinerario cultural e ambiental do concello. Para elo, ambos departamentos organizan o sábado 9 de novembro, unha andaina saudable pola Ruta do Tambre ao abeiro do programa SaúdeAndo, que contará con explicacións referentes á marcha nórdica e aos recursos naturais da ruta.

Así, a xornada comezará ás 10:00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, onde un autobús recollerá aos participantes para, deseguido, facer parada na Praza do Concello de Bertamiráns. Así, a actividade comezará ás 10:30 horas da man de Ricardo Angueira Vázquez, o monitor que supervisará a andaina, e que ofrecerá unha serie de pautas para os participantes sobre esta disciplina e que os axudará a prepararse na marcha nórdica.

A continuación, entre as 11:00 e as 13:00 horas, os e as asistentes percorrerán a Ruta do Tambre acompañados tamén por Patricia Reboreda, técnica de Medio Ambiente, que será a encargada de explicar os recursos naturais que se irán atopando durante o paseo e Rosana Martínez, técnica de Sanidade e responsable do Programa SaúdeAndo. Ao remate da andaina, o Concello servirá un almorzo saudable deseñado pola nutricionista municipal, tralo que os participantes regresarán en autocar a Bertamiráns e Milladoiro.

Para participar nesta actividade é necesario inscribirse antes das 14:00 horas do xoves 7 de novembro a través dun correo electrónico ao enderezo sanidade@concellodeames.gal ou do teléfono 649 450 264. É gratuíta, e conta con servizo de autobuses dende Milladoiro e Bertamiráns.

PROGRAMA SAÚDEANDO

Esta iniciativa enmárcase dentro do programa SaúdeAndo, a través do cal tamén se organizaron as andainas polo Rego da Anduriña, Ruta do Tambre, Camiño Portugués e senda verde Milladoiro - Bertamiráns, así como as rutas urbanas con saída e chegada dende os centros de saúde de Bertamiráns e O Milladoiro que se desenvolven de marzo a decembro. O obxectivo desta actividade é animar ás e aos amesás de todas as idades a practicar actividade física de forma amena e divertida.

Así, estas andainas extraordinarias pretenden converterse nunha alternativa novidosa dentro do programa SaúdeAndo, que ten como obxectivo a promoción da actividade física e a redución do sedentarismo entre os e as amesás de todas as idades. Asemade, con este formato de andainas, celebrado en fin de semana, búscase ofrecerlle unha alternativa a aquelas persoas que, por cuestión de tempo ou horarios, non poden acudir ás andainas saudables programadas os xoves en Bertamiráns e Milladoiro.

Comentarios
Lo más