jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Nova tempada do Club Camaleón en Brión

Nova tempada do Club Camaleón en Brión
Nova tempada do Club Camaleón en Brión

Unha iniciativa que cada ano vai gañando máis participantes, o que fixo que o Concello de Brión decidira en 2018 cambiar a súa periodicidade de mensual a semanal.

O Concello de Brión inicia este sábado 9 de novembro unha nova tempada do Club Camaleón, unha actividade de animación á lectura da Biblioteca Municipal de Brión dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos de idade acompañados dun adulto. As sesións terán lugar todos os sábados de novembro ata xuño, ás 11:30 horas, na sala infantil da biblioteca brionesa. A participación é totalmente de balde, previa inscrición na propia biblioteca ou no teléfono 981 50 99 69.

O Club Camaleón pretende achegar o mundo dos libros ás crianzas dun xeito lúdico, potenciando a lectura colectiva e individual, así como a súa creatividade, para o que tamén se organizarán obradoiros artísticos-creativos. Unha iniciativa que cada ano vai gañando máis participantes, o que fixo que o Concello de Brión decidira en 2018 cambiar a súa periodicidade de mensual a semanal.

Comentarios
Lo más