Unha colisión múltiple entre catro vehículos sáldase cunha persoa ferida de consideración en Noia
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ao fío das 18:00 horas
Unha persoa resultou ferida de consideración, esta tarde, nun accidente múltiple con catro vehículos implicados, cando circulaban pola estrada de discorre pola localidade coruñesa de Noia ata Porto do Son.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ao fío das 18:00 horas, momento en que varias persoas particulares solicitaban asistencia médica urxente para unha persoa ferida no sinistro.
Axiña, os xestores de emerxencias do 112 Galicia poñían o suceso en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaban unha ambulancia medicalizada para a atención da persoa. Ademais dos servizos sanitarios, tamén foron alertados os Bombeiros de Boiro, os axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local, os membros do GES de Brión e os efectivos de Protección Civil.
Nada mais chegar ao punto, os profesionais sanitarios estabilizaron á persoa para ser trasladada nunha ambulancia medicalizada ao centro hospitalario de referencia.