Chega un novo frente de chuvias á cidade
08:00 06/11/19
08:00 06/11/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima os 14ºC
Situación intermedia entre as borrascas de xornadas anteriores e outra que chegará a partir de media tarde cunha fronte asociada.
Deste xeito agardamos unha mañá de ceos anubrados e algunhas chuvias febles e ocasionais, máis probables na metade oeste.
Xa pola tarde estas precipitacións iranse facendo máis persistentes e movéndose de oeste ao leste.
As temperaturas quedarán sen cambios ou descenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima os 14ºC.
Os ventos soprarán de compoñente oeste, intensificándose ao final do día cadrando coa chegada da fronte.