miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Boisaca protagonista na tumba de Antón Fraguas pola ofrenda floral

Boisaca protagonista na tumba de Antón Fraguas pola ofrenda floral
Boisaca protagonista na tumba de Antón Fraguas pola ofrenda floral

O acto enmárcase na ampla programación que a Xunta desenvolveu ao longo do ano

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou onte no cemiterio de Boisaca na ofrenda floral con motivo do 20º cabodano do pasamento de Antonio Fraguas organizada polo Museo do Pobo Galego e a Asociación do Traxe Galego.

O acto enmárcase na ampla programación que a Xunta desenvolveu ao longo do ano en colaboración con diferentes administracións e entidades culturais para divulgar e dar visibilidade ao Día das Letras Galegas, dedicado este ano a este autor. 

Antonio Fraguas foi membro do Seminario de Estudos Galegos e das Irmandades da Fala, así como director do Museo do Pobo Galego e Cronista Xeral de Galicia. Así mesmo, foi un estudoso da realidade cultural desde diferentes ámbitos e destacou no eido da antropoloxía, onde os seus traballos contribuíron decisivamente ao coñecemento da cultura popular e ao afondamento da nosa identidade.

Comentarios
Lo más