jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Descarrila un vagón de tren en Cerdido por mor dun desprendemento de terra

Descarrila un vagón de tren en Cerdido por mor dun desprendemento de terra
Descarrila un vagón de tren en Cerdido por mor dun desprendemento de terra

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, arredor da 17:30 horas desta tarde

Un tren, que circulaba pola vía férrea desde Ribadeo destino Ferrol, descarrilou á altura do punto quilométrico 37 sen que se rexistrasen feridos entre a pasaxe.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, arredor da 17:30 horas desta tarde, o convoi saíuse da vía a causa dun desprendemento de terra na vía férrea entre Ribadeo e Ferrol, ao seu paso polo concello coruñés de Cerdido, a altura do apeadeiro da Cunqueira.

Concretamente, descarrilou o primeiro vagón, polo que o resto dos vagóns no se viron afectados, ao igual que os oito membros da pasaxe, que non precisaron de axuda dos servizos de emerxencias para chegar ata o apeadeiro. Unha vez alí, os pasaxeiros serían trasladados aos seus destinos por distintos medios de transporte.

Pola súa banda, o persoal de ADIF habilitou o tráfico alternativo por estrada entre as estacións de Ortigueira ata Cerdido, mentres duren os traballos na zona para liberar a vía e restablecer canto antes a circulación.

Arestora, a vía férrea continua cortada á espera de que rematen os traballos de retirada de terra que se desprendeu sobre a vía.

Comentarios
Lo más