miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O derbi quedou para o Peleteiro

O derbi quedou para o Peleteiro
O derbi quedou para o Peleteiro

A posta en escena foi moi boa. Moi intensos na defensa e aguantando ben os 1c1 e no ataque xogando boas opcións tendo a Vicario como estilete

Desta vez non se escapou o segundo derbi da tempada, tras un gran inicio de partido, tanto na defensa como no ataque, que permitiu coller unha vantaxe que practicamente mantivo o Peleteiro durante todo o partido.

A posta en escena foi moi boa. Moi intensos na defensa e aguantando ben os 1c1 e no ataque xogando boas opcións tendo a Vicario como estilete. Unha tripla de Ramón desde case media pista pechaba un cuarto fantástico, 10-26.

No segundo cuarto igualáronse as forzas. Os locais melloraban en defensa máis en ataque e aos composteláns do Peleteiro lles custaba atopar boas opcións. Unha gran defensa nos últimos segundos de Ravi con asistencia para Fer, permitían ir ao vestiario cunha vantaxe de 17 puntos, 22-39.

Tras o descanso engancharon un bo acerto desde a liña de tres puntos máis varios contraataques e a pesar de conceder bastantes segundas opcións, conseguían unha renda de case 20 puntos.

No último cuarto os de Fontiñas, lonxe de virse abaixo, subiron o ritmo do partido e recurtaban a diferencia grazas a rápidas transicións e ao rebote ofensivo. Chegaron a baixar a diferencia dos dez puntos pero con varias canastras rápidas e o acerto nos tiros libres os de Peleteiro volveron a coller unha cómoda diferenza para finalizar 65-81. No aspecto positivo tamén comentar que chegou a debutar o junior Álvaro Longarela.

Para a vindeira semana vólvese a Montouto, o sábado ás 20:00 para enfrontar a un xa vello coñecido, o CB. Arteixo. Equipo forte que fará traballar moito.

Comentarios
Lo más