jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Lousame ofrece unha sesión formativa gratuíta sobre como xestionar as emocións coas crianzas

Lousame ofrece unha sesión formativa gratuíta sobre como xestionar as emocións coas crianzas
Lousame ofrece unha sesión formativa gratuíta sobre como xestionar as emocións coas crianzas

Dirixido a familias e alumnado dende 5º de Primaria ata 4º ESO, a participación é libre e de balde, sen necesidade de inscrición previa

O Concello de Lousame organiza hoxe martes 5 de novembro, ás 17:20 horas, unha sesión formativa gratuíta sobre como xestionar as emocións cosas crianzas, que terá lugar na aula de usos múltiples do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. Dirixido a familias e alumnado dende 5º de Primaria ata 4º ESO, a participación é libre e de balde, sen necesidade de inscrición previa.

A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, explica que “o obxectivo desta sesión é aprender a manexar as emocións na familia, sobre todo nos momentos de conflito, xa que a miúdo nos centramos máis en que os nosos fillos e fillas aprendan comportamentos e valores, deixando a un lado o importante papel que xogan as emocións nas nosas vidas”.

Esta é a terceira sesión do programa “Navegando en familia”, é unha iniciativa formativa organizada polo Concello de Lousame ao abeiro do “Programa de sensibilización en igualdade e prevención da violencia de xénero”, que conta co apoio do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro, da Secretaría Xeral da Igualdade e do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.

Comentarios
Lo más