miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un incendio nunha lavandaría na Estrada deixa danos materiais

Un incendio nunha lavandaría na Estrada deixa danos materiais
Un incendio nunha lavandaría na Estrada deixa danos materiais

Os feitos tiveron lugar na parroquia de Toedo, ao fío das 6:20 horas

Un incendio declarado a pasada noite no interior dunha lavandaría no termo municipal pontevedrés da Estrada provocou danos materiais no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, ardeu roupa almacenada, parte dun vehículo e as luminarias do teito.

Os feitos tiveron lugar na parroquia de Toedo, ao fío das 6:20 horas. Nese momento, o Servizo Municipal de Protección Civil alertaba do incendio ao 112 Galicia.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Deza, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Garda Civil.

Comentarios
Lo más