Facu Díaz e Miguel Maldonado presentan en Santiago 'No te metas en política. El nuevo tour'
Estarán no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela o venres 8 de novembro
Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará en cidades de Santiago de Compostela a nova proposta humorística dos cómicos Miguel Maldonado e Facu Díaz, No te metas en política. El nuevo tour.
Estarán o vindeiro venres 8 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela. As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com.
NO TE METAS EN POLÍTICA. EL NUEVO TOUR, DE FACU DÍAZ Y MIGUEL MALDONADO
Tras deixar atrás a xira No te metas en política Tour e o seu programa homónimo, Miguel Maldonado e Facu Díaz volven á estrada cun novo espectáculo de comedia que recolle e amplía o espírito alternativo e crítico co que levan máis de cinco anos traballando xuntos.
El nuevo tour, que é como decidiron chamalo nun alarde de orixinalidade e frescura, é unha mestura do político e o frívolo, un espectáculo no que voluntaria ou involuntariamente terminarán demostrando o difusa que é a liña entre ambos os dous conceptos.