jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Gran triunfo do Victoria FC na última xornada de liga

Gran triunfo do Victoria FC na última xornada de liga
Gran triunfo do Victoria FC na última xornada de liga

O Victoria F.C. ascende con este triunfo ata o cuarto puesto da táboa na 1.ª Nacional feminina con 14 puntos

Importante triunfo, no anímico e no deportivo, para o Victoria F.C. na súa visita ao Victoria C.F. herculino nun encontro moi disputado no que calquera puido gañar. O conxunto compostelán apelou á seguridade de contar baixo os tres paos cunha das mellores porteiras do campionato nacional ao tempo que soubo aproveitar a eficacia no remate dunha Noela en racha que abriu o marcador cun forte disparo dende a frontal antes do descanso (min. 36). O anfitrión non foi quen de frealo xogo directo do cadro 'rojillo' e viuse tamén obrigado a prescindir de dúas das súas xogadoras máis importantes, Laura Soto e Raisa, a primeira cunha brecha no ollo tras unha disputa do balón e a central por unha escordadura de nocelo ao intentar esquivar a súa porteira nunha saída polo esférico.

Xa coa tranquilidade do gol, o Victoria F.C. demostrou que aprendeu a lección de xornadas anteriores e non arriscou co balón ata que Marta, xa no minuto 90, sellou o 2-0 tras recoller un balón no medio do campo e sorprender cun disparo á meta local.

"As nosas tiveron un pouco máis o dominio do balón pero as ocasión máis claras foron delas", asume o técnico santiagués Chivi García que engade: "Carmen tivo que volver a aparecer en dúas xogadas moi claras para las locais antes de que chegase o noso gol". "Na segunda metade houbo ocasión nos dous lados do campo, pero soubemos non cometer os erros do último partido e xogar sempre lonxe da área de Carmen, sen arriscar e cun fútbol moito máis directo que nos primeiros 45 minutos", analiza o adestrador do Victoria F.C.. "Este 0-2 nun partido súper disputado danos confianza para intentar gañar a vindeira semana na casa ao Monte, segundo clasificado", aplaude.

O Victoria F.C. ascende con este triunfo ata o cuarto puesto da táboa na 1.ª Nacional feminina con 14 puntos mantendo a regularidade tanto en goles marcados (19) como encaixados (9) sendo cuarto en ambos ranquins da categoría.

O seu próximo rival será o CD Monte, segundo clasificado con 21 puntos despois de 7 triunfos e unha soa derrota (ante o Deportivo B por 1-0).

Comentarios
Lo más