Intoxicadas catro persoas, entre eles tres menores, por un escape de gas en Noia
09:42 04/11/19
09:42 04/11/19
Os feitos sucederon na rúa Camiño Agra da Ponte, ao fío das 21:30 horas
Catro persoas, entre elas tres menores, resultaron intoxicadas a pasada noite despois de producirse un escape de gas nunha vivenda en Noia. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as persoas afectadas foron trasladadas a un centro médico.
Os feitos sucederon na rúa Camiño Agra da Ponte, ao fío das 21:30 horas.
Nada máis recibir a alerta a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Boiro, á Policía Local, ao Servizo Municipal de Protección Civil, o GES de Brión e á empresa subministradora de Gas.