Unha nova borrasca chega a Compostela
En Santiago as temperaturas oscilarán entre os 11 e os 14 graos
Nesta xornada unha profunda borrasca situada sobre Inglaterra afectará a toda Galicia. Así, os ceos estarán moi anubrados, con precipitacións xeneralizadas, de carácter intermitente e por momentos de forte intensidade.
As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas non terán cambios. O vento soprará forte de compoñente oeste.
As chuvias, ao igual que no resto da comunidade, estarán moi presentes en Compostela ao longo de todo o día con ceos nubrados e ocasionalmente moi anubrados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios.
No referido ó estado da calidade do aire, manterase bo en xeral.