Monólogo do Compos no Vero Boquete
Victoria pola mínima dun Compos dominador que levou o control do partido de principio a fin
A primeira intentona de partido no Vero Boquete sería para os localis. Probouno a Miki desde a frontal da área pero saíulle centrado. No inicio do encontro as ocasións eran para a esedé. No 4', pase atrás para Josiño cuxo remate se marchou moi arriba. Xusto despois, tívoa de novo o Compos. Entrada por banda de Miki, asistencia atrás para Rodri Alonso e o dianteiro remate fóra de primeiras.
Paradón de Adrián no 8' para evitar o primeiro tanto dos locais. Rexeite dun córner que cazou na frontal Rodri Alonso, recurtou ao seu par e soltou un disparo potente coa esquerda que salvou o porteiro cunha estirada felina. Seguía a insistencia local. Percutiu dobremente por banda Jimmy, pero na primeira a súa asistencia a Josiño topou cun defensa no camiño ao gol e na segunda salvou o porteiro con apuros.
No 23', nova entrada por banda de Jimmy, chegou á liña de fondo, pero o seu pase atrás cara Josiño saíu defectuoso e puido despexar a defensa. E seguía o monólog de control e ocasión para os santiagueses. Centro de Josiño, tras deixar clavado ao central, e remate de cabeza de Baleato na área pequena que se atopa coas mans de Rió. Pouco despois acabou fóra un novo tiro franco da esedé. Recibiu Miki na área, xirouse, pero o remate desde o interior da área marchou ao lateral da rede.
Tanto vai o cántaro a fonte que chegou o gol para os locais. Nova acción pola esquerda entre Brais e Jimmy, o lateral gañou a liña de fondo e esta vez puxo un centro raso potente que mandou á rede Josiño. Con el 1-0 se llegaba al descanso en el feudo blanquiazul.
Moveu o banquillo o Silva no arranque do segundo tempo e chegou o seu primeiro remate a porta do partido. Golpeo de Souto desde a liña de fondo que sacau co corpo Pato. Respondeu o Compos cunha ocasión clarísima de Brais Abelenda. Picouna Rodri Alonso con gran mestría sobre a defensa para deixar só ao de Bembibre, pero o seu disparo coa esquerda sacouno milagrosamente co pé Ríos .
Dobre xogada para a polémica en San Lázaro. Primeiro, fóra de xogo milimétrico de Miki cando entraba só para o man o man con Ríos e despois caída na área de Rodri Alonso, por unha tarascada dun central, cando estaba para recibir o centro de Brais.
O Compos buscaba o segundo con insistencia para pechar o encontro. Buscouno cunha cabalgada de Brais Abelenda, pase para Miki e o extremo ponlle o pase da morte para Josiño que, esta vez, enviouna arriba. Xusto despois, entrada de Brais Abelenda por banda, centro ao segundo para Rodri Alonso e o dianteiro non chegou por moi pouco para empurrala. Resistíalle o gol.
Ao igual que na primeira metade, o partido era un monólogo do Compostela que volver a buscar o gol nunha contra levada polos locais que acabou co disparo potente de Hugo Sanmartín ao primeiro pau, salvado abaixo por Ríos. Tivoa o capitán Samu que entrou en potencia desde atrás, plantouse no man a man con Ríos, pero chegou moi forzado e non puido darlle forza ao disparo.
No 85', despexou de puños Pato o disparo pechado dunha de Marcos Gómez. Xa no desconto, tivo o segundo Hugo Sanmartín e Gabri Palmás, chegadas en solitario de ambos cun disparo fóra e unha gran parada de Ríos como resultado. Non se moveu o marcador e o Compos sumaba tres puntos importantes para segurir a estela do líder .