miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os perigos de Internet nos Luns do Ateneo

Os perigos de Internet nos Luns do Ateneo
Os perigos de Internet nos Luns do Ateneo

Todo aquel que posúe un smartphone pode enviar mensaxes a miles de persoas. Sen embargo, a maioría non son conscientes do seu impacto. A creación dunha política que regule este tipo de aprendizaxe é o que vai defender o Catedrático de Xornalismo da UAB, José Manuel Pérez Tornero, nunha nova edición dos Luns do Ateneo, na Rúa do Vilar, nº19.


Todo aquel que posúe un smartphone pode enviar mensaxes de masa a miles de persoas en liña. Conectámonos e tomamos decisións con só tocar un botón e, por isto, é importante que os usuarios comprendan as consecuencias que teñen as súas accións en internet. Sen embargo, a maioría destes usuarios non son conscientes do seu impacto nos demais así como da manipulación dos medios e, por este motivo, a alfabetización mediática é un dos requisitos máis importantes para fomentar o acceso equitativo á información e ao coñecemento para promover medios de comunicación e sistemas de información libres, independentes e pluralistas.

A creación dunha política que regule este tipo de aprendizaxe é o que vai defender o Catedrático de Xornalismo e Ciencias da Comunicación da UAB, José Manuel Pérez Tornero, na conferencia que impartirá o próximo Luns do Ateneo, a cal levará por título “A caixa negra das redes sociais e as plataformas dixitais. Por unha política de alfabetización mediática”, ao centrarse especialmente nestes dous segmentos da rede. A actividade desenvolverase, como todos os luns, ás 20h na Rúa do Vilar, 19, de Santiago, permitíndose a entrada libre e gratuíta dende as 19.55h ata completar a capacidade da sala.

José Manuel Pérez Tornero, experto en semiótica do audiovisual e en televisión educativa e cultural, é consultor da UNESCO  e a Unión Europea en materia de servizo público de televisión e de alfabetización dixital e mediática e forma parte do Grupo de Expertos de Alto Nivel da Comisión Europea en materia de alfabetización mediática. Os seus actuais campos de estudo son a nova televisión no contexto dixital, a intelixencia artificial aplicada aos informativos, as competencias mediáticas e o pensamento crítico, o desenvolvemento da televisión educativa e cultural, os discursos mediáticos e os novos valores e prácticas do periodismo na era da posverdade. As principais orientacións das súas investigacións son o afondamento da democracia política e cultural global, o progreso da educación,  a promoción da cidadanía activa e cosmopolita e o fortalecemento da esfera pública da comunicación.


Comentarios
Lo más