miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O consumo de cannabis en Galicia é menor que a media española

O consumo de cannabis en Galicia é menor que a media española
O consumo de cannabis en Galicia é menor que a media española

Así se extrae do libro 'O Consumo de Cannabis e os seus Derivados', presentado este xove

O consumo de cannabis en Galicia é menor que a media española. É unha das conclusións recollidas no libro 'O Consumo de Cannabis e os seus Derivados', presentado este xoves na Fundación Galega Contra o Narcotráfico, no que se indica que a pesar de estar catro ou cinco puntos baixo da media estatal, rexistrouse un lixeiro aumento

A porcentaxe de consumo en adolescentes pasou dun 13,1 por cento en 2015 a un 15,5 por cento en 2017, mentres en España apenas variou. Doutra banda, este é maior nas franxas de idades máis temperás que en adultos.

Neste sentido, os comezos danse en idades moi precoces, segundo o estudo, que indica que o primeiro contacto dáse sobre os 15 anos.


Comentarios
Lo más