jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Unha profunda borrasca pasará pola cidade

Unha profunda borrasca pasará pola cidade
Unha profunda borrasca pasará pola cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 17ºC e a máxima os 18ºC

Unha fronte fría asociada a unha profunda borrasca centrada ao oeste de Irlanda chegará a Galicia durante esta xornada. 

Así, os ceos permanecerán cubertos, con chuvias que durante a mañá se rexistrarán na metade oeste e co avance do día iranse intensificando e chegarán a toda a Comunidade, podendo ser localmente treboentos. 

As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 17ºC e a máxima os 18ºC.

O vento soprará moderado de compoñente sur con intervalos fortes durante a mañá na franxa atlántica.

Comentarios
Lo más