jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O BNG sae para “facer valer Galicia”

O BNG sae para “facer valer Galicia”
O BNG sae para “facer valer Galicia”

O mitin central en Compostela será o mércores 6 de novembro ás 20:30 h. no Hotel Araguaney

A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, e o responsábel local, Xesús Domínguez, interviñeron no acto de inicio de campaña das eleccións xerais do 10N na Carreira do Conde, que contou coa participación de militantes e simpatizantes da formación nacionalista.

Segundo explicou Goretti Sanmartín, o voto ao BNG o vindeiro 10 de novembro ten un valor dobre porque “garante que Galicia vaia ter voz propia no Congreso e, ao tempo, garante o desenvolvemento de políticas de esquerdas, como a derrogación de leis antisociais e antidemocráticas como a lei Mordaza, a LOMCE ou a reforma laboral”. 

Nun escenario estatal sen maiorías absolutas, sinalou, que Galicia conte con representación do BNG significa tamén que terá capacidade para negociar a favor da sociedade galega. “En Galicia, o BNG é o voto útil para conseguir un cambio real para as necesidades e problemas da sociedade galega e que, por tanto, poida influír nas nosas condicións de vida”, destacou.

Ademais, lembrou que os últimos Orzamentos do Estado foron dos peores en canto a investimentos para Galicia e para Santiago de Compostela, “por iso é necesario facer valer Galicia con deputados como Néstor Rego que encabeza a lista do BNG ao Congreso ou con Tereixa Novo que vai de candidata ao Senado”

Pola súa parte, Xesús Domínguez animou militantes e simpatizantes a implicárense na campaña electoral “que vai ser con repartos informativos na rúa, nos barrios e polos comercios”, ademais de anunciar o mitin central da comarca de Compostela previsto para o mércores 6 de novembro ás 20:30 h. no Hotel Araguaney.

Comentarios
Lo más