A inestabilidade continúa na cidade
08:00 31/10/19
08:00 31/10/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 16ºC e a máxima os 18ºC
O xoves Galicia persistirá na influencia dos ventos de compoñente sur que seguirán traendo moita humidade en forma de nubes baixas.
Así, agárdanse ceos cubertos, con posibilidade de chuvias de carácter feble e intermitente que se irán intensificando cara a noite.
As temperaturas non experimentarán cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 16ºC e a máxima os 18ºC.
O vento soprará frouxo de compoñente sur, máis intenso no litoral.