jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Tres persoas feridas ao intentar evitar atropelar a un can na A-55

Tres persoas feridas ao intentar evitar atropelar a un can na A-55
Tres persoas feridas ao intentar evitar atropelar a un can na A-55

Ás 16:15 horas, o 112 recibiu a chamada dun particular informando do suceso

Un can foi a causa pola que tres persoas resultaron feridas nun accidente ocorrido esta tarde en Pontevedra. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia,  o intento por desviar ao animal provocou a colisión entre dous turismos que circulaban pola A-55.

Ás 16:15 horas, o 112 recibiu a chamada dun particular informando do suceso e, a partir aí, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron a situación en coñecemento dos profesionais sanitarios, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, ademais dos membros de Protección Civil da localidade. Así mesmo, informaron aos Bombeiros de Porriño e tamén ao persoal do servizo de mantemento da estrada.

Os tres feridos foron evacuados polo persoal sanitario ata o Hospital Concheiro.

Comentarios
Lo más