Os populares presentan un equipo e programa "sabe xestionar e buscar solucións”
No transcurso dun almorzo informativo en Santiago, o presidente da Xunta Xestora do Partido Popular en Compostela presentou aos santiagueses aos candidatos ao Congreso dos Deputados, Marta González e José Ramón De La Fuente, ademais de facer un pequeno balance dos traballos que se levaron a cabo nunha precampaña que remata hoxe
O presidente da Xunta Xestora do Partido Popular de Santiago, Borja Verea Fraiz, mantivo onte un almorzo informativo para presentar as liñas básicas do que será a campaña electoral que se iniciará mañá e facer, ademais, un balance do que foi a precampaña. Verea Fraiz destacou que o PP ten demostrado que é “unha forza que sabe xestionar e buscar solucións efectivas”, polo que confía que, a partir do 10 de novembro, “teñamos un Goberno que estea so centrado en solucionar os problemas dos cidadáns”.
Durante a súa comparecencia, na que tamén estivo acompañado polo voceiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, Verea Fraiz explicou que “a precampaña e campaña que agora se inicia están a ser cercana á veciñanza e serven para facilitar a unión entre a propia cidade e o partido”.
Nestes días, o Partido Popular levou a cabo distintas visitas, tanto a barrios como en parroquias da capital de Galicia, durante uns quince días que “foron moi intensos, gratificantes e instrutivos, houbo tempo para intercambiar opinións tanto con simpatizantes e afiliados, como cos veciños que se quixeron achegar ata algunha das numerosas reunións”, destacou.
Borja Verea amosouse convencido que “a veciñanza saberán recoñecer a coherencia, a estabilidade e premiará a seriedade e a moderación, posto que o PP é un partido que amosou que sabe xestionar, sobre todo, en momentos de dificultade, tal como parece que se presenta o futuro, segundo os datos macroeconómicos que coñecemos”.
Durante a rolda de prensa, a candidata ao Congreso dos Deputados, Marta González, explicou que nesta campaña electoral que “Pedro Sánchez nos sirve en bandexa, o Partido Popular a plantexa como unha segunda oportunidade, unha ocasión de mellorar de maneira substancial o resultado do 28 abril, que non foi bo para nós”.
González Vázquez quixo destacar que todas as enquisas que temos enriba das mesas, ”a parte da do CIS de onte que vai ao seu ritmo, subliñan a subida do PP e, en cambio, o descenso do PSOE, un resultado que para nada era o que tiña na mente Pedro Sánchez cando o mesmo dia 28 de abril ideou que foramos a novas eleccións e agora, ata o CIS recoñece que o PSOE perde 10 puntos desde o mes de xullo”.
"TEMAS DE IMPORTANCIA PARA OS CIDADÁNS"
A candidata Popular remarcou que a súa forzar plantexa unha campaña en termos prácticos, “falando das cousas que lles importan aos cidadáns e non perdendo o tempo en temas baleiros, que non solucionan ningunha das preocupacións, como son o paro; ás continuadas subas de impostos dos socialistas; a perda de credibilidade do noso país debido á inestabilidade política e a situación en Cataluña, ademais da sanidade ou a educación e a dependencia”.
“O modelo que plantexamos para España é o de Galicia, posto que na nosa Comunidade Autónoma o Goberno Popular ten mellorado todos os indicadores de crecemento e benestar, porque un Executivo estable proporciona as condicións axeitadas para ese crecemento”, agregou.
Durante a súa intervención, Marta González tamén indicou que existen moitas razóns para que, desde Galicia, “fagamos todo o posible para rexeitar con contundencia as políticas de Pedro Sánchez, que son nocivas para Galicia e, moi particularmente, para a provincia da Coruña, xa que está resultar un Goberno irresponsable, que “gasta o que non ten e que se queda cos cartos das Comunidades Autónomas, 700M€, dicindo primeiro que non pode entregar as retencións a conta e despois que si (330M€), pero que non devolve o IVA dun mes do ano 17 (200M€) e as compensacións que debe por ser Galicia unha comunidade cumpridora co déficit e ca débeda no 17 e 18”.
González Vázquez sinalou que, no PP “estamos moi esperanzados ante estes comicios, polo que imos pelexar por ganar en Galicia e na Coruña, posto que estamos certos de que os cidadáns son conscientes do risco que supón outorgar crédito a un temerario como Pedro Sánchez, que meteu a este país nunha situación de incerteza económica como a que vivimos”.
Pola súa banda, o candidato José Ramón De La Fuente fixo un análise das demandas que Santiago ten que reclamarlle a Pedro Sánchez, que “desde que está no Goberno de España, non fixo outra cousa que deixar de atender á capital de Galicia e a Comunidade autónoma como merece”.
Por último, De La Fuente indicou que, neste momento, “é imprescindible que se resolvan os problemas dos santiagueses” e con esa misión emprenderá a viaxe cara Madrid o vindeiro 10 de novembro, para que se acaden as inversión que “estamos a reclamar tanto para a industria, para os dous vindeiros Xacobeos, que se atopan totalmente desatendidos polo Goberno de Pedro Sánchez; e para infraestruturas tan esenciais como o Orbital e a Edar, entre outras”.