jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O SERGAS investiga a intoxicación alimentaria nun comedor escolar de Pontevedra

O SERGAS investiga a intoxicación alimentaria nun comedor escolar de Pontevedra
O SERGAS investiga a intoxicación alimentaria nun comedor escolar de Pontevedra

Os inspectores de Sanidade en colaboración coa FAMPA están investigando agora a orixe do peixe para coñecer onde puido xurdir o problema

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, explicou hoxe na TVG como se está realizando a investigación da intoxicación alimentaria que afecta 41 alumnos de primaria de Pontevedra.

"Funcionaron as alertas rapidamente e bloqueouse a partida de peixe, que aínda que non está confirmado, pero parece que foi a palometa, pola sintomatoloxía leve que se recupera rápido, pero o que dá a enteder que puido haber unha rotura na cadea de frío", asegurou o conselleiro de Sanidade.

"É o que están investigando, con enquisas aos rapaces e os coidadores para saber que comeron cada un deles, coa empresa para saber de onde procede a palometa, neste caso, e seguir a cadea ata a parte inicial que é onde se pescou ese peixe", explicou Vázquez Almuíña.

"É unha intoxicación leve, con síntomas autolimitados, que en moi pouco tempo desaparecen, moitos nenos nin sequera acoden ao pediatra nin ao servizo de urxencias, porque non persisten no tempo, pero para saber que pasou para iso está a nosa inspección, en total sintonía coa Consellería de Educación, esa vixilancia, facendo a investigación total desta intoxicación", concluíu Vázquez Almuíña.

INTOXICACIÓN ALIMENTARIA

Onte o diario La Voz de Galicia informou sobre a intoxicación en oito colexios da provincia de Pontevedra no que 42 escolares presentaron síntomas de leve intoxicación. A causa máis probable, que aínda se investiga, é a contaminación por histamina debido ao consumo de palometa no que puido existir unha rotura da cadea de frío.

A incidencia detectouse nada máis servir os primeiros pratos pola reacción alérxica leve que provocou nalgúns alumnos. Activouse de inmediato o protocolo correspondente e retirouse o prato. Os inspectores de Sanidade en colaboración coa FAMPA están investigando agora a orixe do peixe para coñecer onde puido xurdir o problema. Todos os nenos están xa recuperados.

Comentarios
Lo más