jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Éxito de participación no magosto do Club de Xubilados de Lousame

Éxito de participación no magosto do Club de Xubilados de Lousame
Éxito de participación no magosto do Club de Xubilados de Lousame

O magosto contou coa asistencia da concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, quen aproveitou para agradecer o traballo que realizan as persoas que colaboran co servizo de Voluntariado de Lousame

Preto dun cento de persoas participaron na tarde do domingo nun magosto organizado polo Club de Xubilados de Lousame, que tivo lugar no seu local en Aldeagrande. A festa estivo amenizada polo grupo de gaitas “O Son do Pote” (Tállara), que interpretou varias pezas tradicionais mentres os asistentes daban boa conta das castañas, acompañadas con refrescos, cervexa ou viño.

O magosto contou coa asistencia da concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, quen aproveitou para agradecer o traballo que realizan as persoas que colaboran co servizo de Voluntariado de Lousame para o desenvolvemento de iniciativas de ocio, culturais e deportivas no municipio.

Comentarios
Lo más