miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Axudan a unha muller despois de quedar atrapada no interior do se vehículo nun accidente

Axudan a unha muller despois de quedar atrapada no interior do se vehículo nun accidente
Axudan a unha muller despois de quedar atrapada no interior do se vehículo nun accidente

Ocorreu no punto quilométrico 8 da EP-2703, ao fío das 23:35 horas da pasada noite

En Ponteareas, unha muller precisou asistencia médica despois de saírse da vía e finalizar envorcado o turismo no que circulaba ao caer por un desnivel duns dez metros a un río.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a muller foi rescatada polo GES e Bombeiros de Ponteareas, sen que fose necesario empregar o material de excarceración.

Ocorreu no punto quilométrico 8 da EP-2703, ao fío das 23:35 horas da pasada noite.

Foi a propia muller implicada no sinistro quen alertou do accidente ao 112 Galicia e, nada máis ter constancia dos feitos, os axentes do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES e Bombeiros de Ponteareas, dos Bombeiros de Vigo, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ponteareas.

Finalmente, a persoa accidentada foi trasladada a un centro médico.

Comentarios
Lo más