jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Morre unha persoa despois de colidir con outro vehículo en Trabada

Morre unha persoa despois de colidir con outro vehículo en Trabada
Morre unha persoa despois de colidir con outro vehículo en Trabada

Os feitos producíronse na N-640, na parroquia da Ría de Abres, uns minutos antes das 20:30 horas

Unha persoa perdeu a vida a pasada tarde nunha colisión na que se viron implicados dous vehículos en Trabada. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os Bombeiros de Barreiros tiveron que excarcerar á vítima mortal, ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos accidentados. Ademais, no sinistro houbo unha persoa que resultou ferida leve.

Os feitos producíronse na N-640, na parroquia da Ría de Abres, uns minutos antes das 20:30 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriu a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Barreiros, da Garda Civil de Tráfico, do GES da Pontenova e de Protección Civil da localidade.

Comentarios
Lo más