miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Novas Xeracións de Noia xa conta cunha nova executiva local

Novas Xeracións de Noia xa conta cunha nova executiva local
Novas Xeracións de Noia xa conta cunha nova executiva local

David Neira Sieira preside o colectivo, xunto con Carlos Moledo Fernández, Noel Antelo Pan, Alba Miguéns García e Yeray Martínez Abeijón

Novas Xeracións Noia vén de presentar aos novos dirixentes da agrupación, que estará presidida por David Neira Sieira e que aspira a converterse “na referencia da mocidade local, con distintas iniciativas que recollan o sentir do sector máis novo, preocupados e comprometidos con Noia e o seu futuro”. David Neira estará acompañado na executiva por Carlos Moledo Fernández, Noel Antelo Pan, Alba Miguéns García e Yeray Martínez Abeijón.

O acto de presentación dos novos dirixentes de Novas Xeracións Noia tivo lugar na sala de conferencias do edificio administrativo do Espírito Santo o pasado sábado, ao que acudiron o presidente autonómico de NNXX, Adrián Pardo López; a coordinadora autonómica de NNXX, Eugenia Vizcaíno; e o presidente provincial de NNXX, Xosé Miguel Mahía Prados. Así mesmo, asistiron representantes das agrupacións de Lugo, Ferrol, A Coruña e A Pobra, así como unha nutrida representación do PP de Rianxo.

Por parte do Partido Popular de Noia asistiron o presidente local, Julio Bustelo; os dous presidentes de honra, María Abeijón e Antonio Insua; así como o candidato e alcalde noiés, Santiago Freire Abeijón; á fronte de distintos membros do grupo municipal popular, militantes e familiares dos novos dirixentes de Novas Xeracións Noia.

O acto serviu tamén para agradecer o labor levado a cabo polo presidente de NNXX Noia durante os últimos 5 anos, Pablo Carou. Finalmente, Álex Núñez recibiu un merecido recoñecemento á súa dilatada traxectoria nas Novas Xeracións Noia, tras colaborar coas tres últimas agrupacións da localidade.

Comentarios
Lo más