Mantense a inestabilidade na cidade durante este mércores
08:00 30/10/19
08:00 30/10/19
En Compostela a temperatura mínima acadara os 14ºC e una máxima de 17ºC
Unha nova fronte cruzará Galicia durante o mércores, polo que se agardan ceos cubertos con chuvias que comezarán a primeira hora pola metade oeste e que co avance do día chegarán a toda a Comunidade.
As temperaturas quedarán sen cambios significativos, polo que será unha xornada de moi pouca oscilación térmica. En Compostela a temperatura mínima acadara os 14ºC e una máxima de 17ºC.
O vento soprará de compoñente sur, moderado con intervalos fortes no litoral atlántico nas primeiras horas, e frouxos a partir do mediodía.