jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Bugallo asegura que ten "limitacións" no manexo do Consorcio da cidade

Bugallo asegura que ten "limitacións" no manexo do Consorcio da cidade
Bugallo asegura que ten "limitacións" no manexo do Consorcio da cidade

O rexedor, que onte presidiu a Comisión Executiva do Consorcio da cidade, explicou que na reunión empezouse a traballar para “prever cal é o escenario para o ano que vén

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, admitiu este martes que o escenario do Consorcio é “de momento, moi limitado” ao non aprobarse os Orzamentos Xerais do Estado.

O rexedor, que onte presidiu a Comisión Executiva do Consorcio da cidade, explicou que na reunión empezouse a traballar para “prever cal é o escenario para o ano que vén” xa que a institución deberá aprobar as súas contas sen que existan uns novos orzamentos xerais por parte do Goberno central.

Baixo esa premisa, nestes momentos o Consorcio é coñecedora de que tanto a Xunta como o Concello “van manter os compromisos” pero mentres, por parte do Estado, “temos que partir dunha prórroga das cantidades orzadas en 2019 que xa é unha prórroga das 2018”.

Todo iso, debuxa “un escenario de momento moi limitativo”, explicou Bugallo.

Deste xeito, o socialista sinalou que el espera que “se poida liquidar a situación política do país e podamos afrontar ou modificar a situación desta institución pero a día de hoxe é imposible porque non hai orzamentos nin os vai a haber nos próximos días”.

Comentarios
Lo más