jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Excarceran a unha persoa que quedou atrapada no seu vehículo nun accidente na AG-56

Excarceran a unha persoa que quedou atrapada no seu vehículo nun accidente na AG-56
Excarceran a unha persoa que quedou atrapada no seu vehículo nun accidente na AG-56

A intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foi requirida polo 112 Galicia, que se encargou da limpeza da vía

Os Bombeiros de Santiago excarceraron na tarde de onte á condutora e única ocupante dun turismo que se saíu da vía á entrada da AG-56, dirección Noia.

Nada mais recibir a alerta do persoal sanitario, ao fío das 18:00 horas da tarde, e indicar que debido ao impacto, as portas do vehículo estaban bloqueadas e non se podía acceder á persoa, o 112 Galicia alertou de inmediato aos Bombeiros. Do mesmo xeito, informou aos axentes de Tráfico, da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.  

A intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foi requirida polo 112 Galicia, que se encargou da limpeza da vía.

Tras ser liberada, a muller foi trasladada nunha ambulancia do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Comentarios
Lo más