Dúas persoas feridas, unha delas embarazada, nun accidente na Estrada
09:38 29/10/19
09:38 29/10/19
Os feitos ocorreron no lugar de Ponteliñares, na parroquia de Callobre, uns minutos antes das 19:48 horas
Dúas persoas, unha delas embarazada, resultaron feridas na tarde de onte nunha colisión na que se viron implicados dous turismos na Estrada. Os feitos ocorreron no lugar de Ponteliñares, na parroquia de Callobre, uns minutos antes das 19:48 horas.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do sinistro. Acto seguido, os axentes do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos Bombeiros do Deza.