Sarela instalará unha mesa informativa no CHUS para concienciar sobre o ictus
A incidencia do ictus podémolo resumir con dous datos. Esta é primeira causa de mortalidade en España pero tamén de Dano Cerebral Adquirido
Un ano máis Sarela celebra hoxe martes, 29 de outubro, o Día Mundial do Ictus e unha das actividades será a instalación entre as 10:00 e as 13:00 dunha mesa informativa no Hospital Clínico de Santiago.
Sarela, tras conmemorar o pasado sábado 29 o Día do Dano Cerebral, dálle moito importancia a esta data porque o ictus causa case o 80% dos casos de dano cerebral adquirido (DCA) en España.
A incidencia do ictus podémolo resumir con dous datos. Esta é primeira causa de mortalidade en España pero tamén de Dano Cerebral Adquirido. Á súa vez, o DCA é a primeira causa de discapacidade e dependencia en España. Polo tanto o ictus non só ten un alto impacto na mortalidade. Grazas aos avances médicos e asistencias cada vez se salvan máis vidas pero moitas destas persoas terán que vivir cunha discapacidade (o DCA).
De xeito resumido, o ictus pode ser isquémico (falta de irrigación sanguínea debido á interrupción súbita e inmediata do fluxo do sangue) ou hemorráxico (rotura dun vaso sanguíneo encefálico debido a unha suba da tensión ou a un aneurisma conxénito).