jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Tres menores feridos nun accidente de tráfico no Milladoiro

Tres menores feridos nun accidente de tráfico no Milladoiro
Tres menores feridos nun accidente de tráfico no Milladoiro

Foi a Policía Local, quen, sobre as 15:00 horas chamou ao 112 Galicia para informar dun choque entre dous turismos

Tres menores, ocupantes dun vehículo,  foron trasladados esta tarde despois de colidir dous turismos que circulaban a través da Rúa Palmeiros, no Milladoiro, no concello de Ames.

Foi a Policía Local, quen, sobre as 15:00 horas chamou ao 112 Galicia para informar dun choque entre dous turismos, indicaban que nun deles viaxaban tres nenos, polo que, decontado se desprazou ata o lugar unha ambulancia do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, para trasladar aos menores.

Ademais de pasar aviso ao persoal sanitario, o 112 Galicia solicitou a colaboración dos membros do GES de Brión, dos efectivos de Protección Civil de Ames e informou dos feitos aos Bombeiros de Santiago.

Comentarios
Lo más