Segue a inestabilidade na cidade
08:00 29/10/19
08:00 29/10/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima ata os 19ºC
O martes quedaremos nunha situación de transición entre o anticiclón da península Ibérica e as baixas presións do Atlántico, con réxime de ventos de compoñente sur.
Así, agárdase unha xornada de ceos parcialmente cubertos, con máis nubes na franxa atlántica onde se rexistrarán algúns orballos.
As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima ata os 19ºC.
O vento soprará frouxo de compoñente sur.