miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Fin de semana de victorias para o Estrela Vermelha

Fin de semana de victorias para o Estrela Vermelha
Fin de semana de victorias para o Estrela Vermelha

O Estrela Vermelha segue contando os seus partidos por vitorias na Liga Galega

O Estrela Vermelha gaña por partida dobre ao Auriense na cidade das Burgas. Pola súa banda, o Estrela Gaels perden contra os Fillos de Breogán da Coruña no sintético de Chaián, en Trazo.

O Estrela Vermelha segue contando os seus partidos por vitorias na Liga Galega. A equipa feminina gozou dun partido de tensión até os últimos compases ante un Auriense que se soubo adaptar a cada momento do partido. Empatadas ao descanso mais a pegada das vermelhas decantou finalmente o partido e os puntos viaxan até Compostela. Resultado final: Auriense 17 - 24 Estrela Vermelha.

A equipa masculina gaña de maneira contundente contra a equipa da cidade das Burgas cun gran atino a paus. Os vixentes campións marcaron desde o comezo o ritmo do partido e nunca perderon o control do xogo. Resultado final: Auriense 13 - 48 Estrela Vermelha.

O filial compostelano, o Estrela Gaels, volve perder contra un dos candidatos ao título, os Fillos de Breogán da Coruña. A equipa segue pagando moi caro os seus erros de principiante e os Fillos marcaron desde o comezo unha gran intensidade. Vitoria clara para os coruñeses. Resultado final: Estrela Gaels 16 - 52 Fillos de Breogán.

No próximo fin de semana non hai Liga Galega de fútbol gaélico e na seguinte haberá derbi fratricida entre Estrela Vermelha e Estrela Gaels.

Comentarios
Lo más