Movilizan os equipos de emerxencia polo fume nuna residencia da terceira idade
O suceso rexistrouse ás once da pasada noite, momento no que unha persoa particular chamaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para informar da presenza de fume
Os servizos de emerxencias foron mobilizados pola presenza de fume no cuarto da lavandería na residencia Domus Vi, en Barbadas. Aínda que, según confirmaron uns minutos despois os servizos de emerxencia alí desprazados, debíase a un problema técnico dunha das lavadoras do cuarto.
O suceso rexistrouse ás once da pasada noite, momento no que unha persoa particular chamaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para informar da presenza de fume e o disparo da alarma de incendios na zona da lavandería do centro.
De inmediato, o persoal do 112 Galicia informaba do sucedido aos servizos sanitarios de urxencia e aos Bombeiros de San Cibrao. Ademais, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil, dos membros do GES de Pereiro e persoal da Policía Local e Protección Civil da localidade.