miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Dúas persoas trasladadas despois dun incendio que arrasou unha casa en Friol

Dúas persoas trasladadas despois dun incendio que arrasou unha casa en Friol
Dúas persoas trasladadas despois dun incendio que arrasou unha casa en Friol

Os feitos sucederon no lugar de Cima de Vila, na parroquia de Narla, ao fío das 1:30 horas

Un incendio declarado a pasada noite nunha casa en Friol provocou que dúas persoas de idade avanzada fosen trasladadas ao presentar síntomas de intoxicación por fume e calcinou a vivenda practicamente na súa totalidade, sen que as edificacións lindeiras se visen afectadas.

Os feitos sucederon no lugar de Cima de Vila, na parroquia de Narla, ao fío das 1:30 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do incendio.

Nada máis ter coñecemento, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba e da Garda Civil.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as labores de extinción do incendio finalizaron ao redor das 8:00 horas.

Comentarios
Lo más