Luns chuvioso en Compostela
As temperaturas oscilarán dos 13 aos 18 graos
Unha fronte afectará a Galicia durante o luns, deixando un aumento progresivo de nubes que irán tapando o ceo de oeste a leste co avance da xornada.
As chuvias comezarán a primeiras horas polo litoral da provincia da Coruña e a partir do mediodía serán probables en calquera punto da Comunidade. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos en xeral, moderados no litoral atlántico.
En Compostela esperánse chuvias ao longo de todo o día con maior probabilidade según vaia avanzando o días, principalmente pola tarde. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán moderadamente. En canto ó estado da calidade do aire, mellorará a bo.