miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unhas tres mil persoas manifestaronse en Teo contra o vaciado da canteira de Casalonga

Unhas tres mil persoas manifestaronse en Teo contra o vaciado da canteira de Casalonga
Unhas tres mil persoas manifestaronse en Teo contra o vaciado da canteira de Casalonga



Esta cifra confirmouna a plataforma organizadora da manifestación, que este domingo conseguiu reunir a personas afectadas e veciños do municipio para posicionarse en contra da medida que provocará o vaciado da lagoa


Pasadas as 11:20 arrincou na Casalonga unha marcha cara a canteira que congregou a máis de 3000 persoas pese ao precipitado da convocatoria, organizada nun tempo récord de tres días. O descubrimento do baleirado da lagoa este luns motivou diferentes denuncias dende a plataforma (a Augas de Galicia en fiscalía e en Medio Ambiente, a Dirección Xeral de Minas e a Medio Ambiente), e foi o detonante da convocatoria exprés desta manifestación.

Na marcha, que se desenvolveu nun ambiente distendido, destacaron, ademais de numerosas camisetas e “piruletas” da plataforma, pancartas caseiras con diferentes motivos e lemas, como as protagonizadas polos patos e ras da canteira que se preguntaban a onde irían agora.

Xa a altura da lagoa procedeuse a un acto de peche no que a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos informou aos asistentes dos movementos que tanto a empresa explotadora da canteira como a propia plataforma fixeran na última semana, dende que se tivo noticia do inicio do proceso de baleirado ata a súa paralización temporal coa correspondente sanción aos responsables da vertedura. Con todo, os asistentes puideron comprobar que a devandita paralización foi ordenada pero non executada pois continúa a fluír auga da canteira.

Finalmente, rematouse coa petición ao goberno autonómico da paralización inmediata dos traballos da canteira. Aínda que se recordou á veciñanza que hai que seguir en loita pois só cambios nas leis autonómicas ou estatais poden paralizar para sempre este atentado contra a saúde pública que se está a producir ao permitirse que antigas canteiras poidan converterse en vertedoiros coa escusa da súa restauración.


Comentarios
Lo más