Sánchez responde a Feijóo, o Goberno "cumpre con Galicia" e vai cumprir "co AVE"
O presidente do Goberno en funcións e candidato socialista á reelección, Pedro Sánchez, defendeu que o Executivo "cumpre con Galicia" e "vai cumprir co AVE", manifestou nun mitin na Coruña despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo asegurase que o tren de alta velocidade non chegará a esta autonomía ata 2021.
Nunha intervención ante unhas 1.500 persoas, no polideportivo San Francisco Javier, referiuse tamén á situación da comarca das Pontes ante o anuncio de peche da central térmica de Endesa.
"Este Goberno dará solucións, dará unha perspectiva de futuro, fará xustiza e non deixará a ninguén atrás". "Defendermos, apoiaremos e daremos oportunides a comarcas e zonas que están a sufrir o cambio de paradigma no modelo enerxético para loitar contra o cambio climático", sentenciou.
Antes, defendeu tamén que o Goberno de España "cumpre con Galicia" e vai "cumprir co AVE". "E deica pouco teremos á fronte de Galicia un presidente da Xunta como Caballero --dixo sobre o secretario xeral dos socialistas galegos-- que aproveitará ese enorme caudal de oportunidades que vai supor o AVE para multiplicar a prosperidade e o progreso".