Domingo con boas temperaturas en Compostela
As temperaturas oscilarán entre os 13 e os 20 graos
O domingo Galicia quedará nunha situación intermedia entre o anticiclón da península Ibérica e a ex-tormenta tropical Pablo que estará situada ao nordés de Azores durante esta xornada.
Así, os ceos permanecerán parcialmente cubertos con nubes de tipo medio e alto. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente sur.
En Santaigo teremos ceos con nubes e claros. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas sen cambios, a pesar de que oscilarán. No referido ó estado da calidade do aire, será variable pero agárdase que mellore a bo.