miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Punto final ao exitoso Ciclo de monólogos de Negreira

Punto final ao exitoso Ciclo de monólogos de Negreira
Punto final ao exitoso Ciclo de monólogos de Negreira

Federico Pérez foi o encargado de poñer o broche final a esta nova edición

Un ano máis a programación cultural do Concello de Negreiro incluiu  Ciclo de monólogos. Esta nova edición foi un éxito total en tódalas súas xornadas vivindo na noite de onte o broche de ouro final coa actuación de Federico Pérez. 


Cousas miñas foi o título do monólogo que puxo o colofón o ciclo. Federico Pérez, moi querido por terras de Barcala e Xallas, cuxa familia é oriunda de Mazaricos, é conñecido polas súas participacións en series de éxito da TVG como Padre Casares e o seu papel de Moncho, en Era visto; ademáis de en Libro de familia, Mareas Vivas ou Air Galicia, pero Federico é tamén un artista inquedo por natureza, que fai teatro, ou humor negro con Curtis e Teixeiro e ata ten un dúo musical con Marcos Pereiro.

Con gran éxito de público poñíase fin a esta nova edición na que un ano máis houbo música e vermú, de balde, na previa da actuación.


Comentarios
Lo más