miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Preto de 60 persoas participaron nunha viaxe cultural a Toledo e Aranjuez

Preto de 60 persoas participaron nunha viaxe cultural a Toledo e Aranjuez
Preto de 60 persoas participaron nunha viaxe cultural a Toledo e Aranjuez

A viaxe foi organizada de xeito conxunto polos concellos de Vedra e Boqueixón

Preto de 60 veciños e veciñas dos municipios de Vedra e Boqueixón participan esta semana nunha completa viaxe cultural a Toledo e Aranjuez. A iniciativa, organizada de xeito conxunto polos dous Concellos, ofreceu tres xornadas cheas de visitas e lugares de interese.

Así, as persoas participantes tiveron a oportunidade de percorrer o Conxunto Histórico-Artístico de Aranjuez. Do mesmo xeito, descubriron os principais puntos de interese turístico de Toledo, aproveitando as súas fermosas vistas. Finalmente, visitaron as instalacións do Mosteiro do Escorial.


Comentarios
Lo más