As altas presión chegarán á cidade
08:00 26/10/19
08:00 26/10/19
En Compostela a temperatura mínima acadará 13ºC e a máxima 17ºC
As altas presións dominarán a situación meteorolóxica nesta xornada, con entrada de aire cálido dende o sur; a presenza de baixas presións en Azores achegará algunhas nubes de tipo alto.
Deste xeito agardamos unha xornada de ceo pouco anubrado ou despexado con intervalos de nubes altas que non deberían impedir o paso do sol.
As temperaturas ascenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadará 13ºC e a máxima 17ºC.
Os ventos soprarán do sur, moderados, con intervalos fortes no litoral atlántico.