jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Os nenos do Colexio da Barcia trasládanlles as súas inquedanzas aos mebros da Corporación

Os nenos do Colexio da Barcia trasládanlles as súas inquedanzas aos mebros da Corporación
Os nenos do Colexio da Barcia trasládanlles as súas inquedanzas aos mebros da Corporación

Tamén houbo tempo para facerlles preguntas aos concelleiros e concelleiras presentes sobre o seu traballo e para unha foto de familia, en recordo da súa visita ao Pazo de Raxoi

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Educación, Noa Díaz; a edil de Deportes, Esther Pedrosa; os voceiros de Compostela Aberta, Martiño Noriega, e do BNG, Goretti Sanmartín, que é a representante municipal no Consello escolar do colexio; e a concelleira do grupo municipal popular, Beatriz Cigarrán, escoitaron de primeira man as solicitudes dos rapaces e rapazas do centro, que se interesaron polo labor dos concelleiros.

Listet, en representación do alumnado do Colexio Público de Educación Espacial A Barcia, leulles unha carta aos membros da corporación na que lles trasladaban as súas inquedanzas. "O alumnado do CEE A Barcia pensamos que a vida é como unha viaxe en tren. Un tren moi grande, con moitos vagóns. Hai vagóns de primeira, de segunda, de terceira, de mercancías...", dicía a misiva, que continuaba engandido: "Os que van no vagón de primeira clase paran en estacións con fermosos nomes como Igualdade, Sen barreiras, Emprego, Educación, Respecto, Dignidade e tantos outros cheos de ledicia e sorrisos". A carta remataba cunha petición á corporación de parte dos nenos e nenas: "estamos aquí para dicirlles que nós queremos un billete en primeira clase, para desfrutar de todas esas paradas maravillosas".

Tamén houbo tempo para facerlles preguntas aos concelleiros e concelleiras presentes sobre o seu traballo e para unha foto de familia, en recordo da súa visita ao Pazo de Raxoi. 

Comentarios
Lo más