Desaloxan un colexio no Barco de Valdeorras por mor dun incendio
Foi a intensa fumareda provocada polo incendio o que alertou ao persoal docente, que rapidamente chamou ao 112 Galicia e evacuou aos pais e nais reunidos nese momento
Un incendio orixinado nun aula do Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras obrigou ao equipo docente a desaloxar ás persoas que aínda permanecían no centro despois das clases.
Deste xeito, ninguén resultou ferido e os danos limitáronse ao espazo no que comezou o lume, posiblemente a causa dun fallo nun ordenador.
Foi a intensa fumareda provocada polo incendio o que alertou ao persoal docente, que rapidamente chamou ao 112 Galicia e evacuou aos pais e nais reunidos nese momento. Decontado, os xestores do Centro Integardo de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos Bombeiros de Valdeorras, así como aos membros do GES e voluntarios de Protección Civil para extinguir as lapas que causaban danos nun aula de cativos agora baleira.
Así, preto das sete da tarde, os efectivos do parque comarcal controlaban o lume que calcinou diverso material. De momento, descoñecen as causas, pero sospeitan dun fallo nun ordenador.