Despois da chuvia chega o sol
08:00 25/10/19
08:00 25/10/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima os 17ºC
O venres Galicia queda no corredor de ventos do sur que se forma entre o anticiclón centrado na península Ibérica e unha profunda borrasca situada ao noroeste.
Así, comezaremos o día con intervalos de nubes baixas no oeste e sur da Comunidade para deixar paso a ceos pouco anubrados ou despexados en xeral.
As temperaturas ascenderán moderadamente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima os 17ºC.
O vento soprará forte do sur, con refachos moi fortes en puntos do litoral norte.