jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A Deputación inicia as obras de reparación da Ponte Albar

A Deputación inicia as obras de reparación da Ponte Albar
A Deputación inicia as obras de reparación da Ponte Albar

Os traballos contemplan a reparación dos tallamares danados polas riadas, o saneamento das xuntas e a eliminación da colonización biolóxica que afecta á ponte

A Deputación da Coruña iniciou onte as obras de reparación da ponte Albar, un viaducto histórico que conecta os municipios de Trazo e Santiago de Compostela. 

O deputado de Economía, Antonio Leira, visitou a zona acompañado da alcaldesa de Trazo, Josefa Suárez, e dos portavoces dos grupos políticos representados na corporación municipal, e destacou a importancia histórica e patrimonial do viaducto con séculos de historia que, ademáis de conectar Santa María de Xavestre (Trazo) con San Xoán de Fecha (Compostela), é un punto clave do Camiño de Santiago. 

A ponte presenta actualmente diversos danos nos tallamares (construcións en forma de quilla que cortan as correntes de auga, evitando posibles danos nos piares), nos se aprecia a falta de material granítico provocada polo impacto de material de arrastre durante as fortes riadas que portan consigo ramas de árbores caídas.

O obxectivo das obras será consolidar os elementos estruturais da ponte, para o que será preciso o desmonte dos tallamares. Unha vez desmontados os perpiaños e limpa a base de asento, procederase de novo ao seu remonte na posición orixinal, recuperando as pezas que se atopen caídas no río e usando pezas novas de granito se fora preciso.

Ademáis, os traballos contemplarán a eliminación da colonización bolóxica, a limpeza dos paramentos, saneamento das xuntas e encintado das mesmas con morteiro de cal, aplicación dun tratamento biocida e a roza da maleza na contorna da ponte. 

O prazo de execución das obras é de catro meses.

Comentarios
Lo más