Ribeira quere instalar nunha cartelería dixital nos principais edificios municipais
Esta actuación é posible grazas á axuda de fondos europeos FEDER para o programa Máis Riveira Atlántica 2020 e adscríbese á liña dirixida á modernización da Administración e Smart Village Ribeira
O Concello de Ribeira informa da licitación dunha actuación dirixida ao subministro, instalación, conexión, posta en servizo e explotación dun Sistema de Cartelería Dixital que persegue ofrecer á cidadanía información relevante sobre eventos, municipal e turística por medio de seis paneis de alta resolución, tres interiores e tres exteriores.
Esta iniciativa enmárcase dentro da EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Adscríbese a liña de actuación deste plan denominada Modernización da Administración e Smart Village Ribeira.
Está previsto que os paneis sexan instalados no interior da Casa Consistorial, no hall de entrada do Mercado Municipal e no hall do Complexo Polideportivo da Fieiteira e, tocante ao exterior, nas fachadas do Concello e da Sala Museo Municipal e no entorno da Oficinal Municipal de Turismo.
Trátase de paneis de información de alta resolución e gran formato, intelixentes e conectados “on line” mediante un reprodutor multimedia de contidos, capaz de transmitir fotos, vídeos, pdf, audio, redes sociais, páxinas html, etc… Estarán controlados mediante unha Plataforma Software de Control e Xestión de Contidos instalada en Cloud (nube).