Unha fronte entra durante o día de hoxe na cidade
08:00 24/10/19
08:00 24/10/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima os 17ºC
O xoves unha fronte chegará a Galicia, polo que se agarda unha xornada de ceos cubertos, con chuvias durante a primeira metade do día.
Pola tarde permanecerán as nubes e as chuvias irán remitindo.
As temperaturas ascenderán lixeiramente, con moi pouca oscilación térmica entre o día e a noite. En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima os 17ºC.
O vento soprará moderado do suroeste, aumentando en intensidade á noite cando se rexistrarán refachos fortes no litoral da provincia da Coruña.