jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Bugallo reúnese co director rexional de El Corte Inglés

Bugallo reúnese co director rexional de El Corte Inglés
Bugallo reúnese co director rexional de El Corte Inglés

No encontro trataron asuntos de interese para ambas entidades

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse co director rexional de El Corte Inglés Galicia-Asturias, Javier Esteban, e co equipo de dirección do centro que a empresa ten en Compostela. No encontro trataron asuntos de interese para ambas entidades.

Javier Esteban empezou a súa traxectoria profesional en El Corte Inglés como vendedor da sección de deportes nos almacéns que a firma ten no Paseo da Castellana en Madrid. De alí pasou a Valladolid e despois a Pozuelo, como segundo xefe de planta. No ano 2000, coa expansión internacional de El Corte Inglés, ocupou postos de dirección en Lisboa e Gaia (Porto). No ano 2014 foi nomeado novo director rexional de El Corte Inglés en Galicia. 

Comentarios
Lo más